Amosando publicacións coa etiqueta Concello Cambre. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Concello Cambre. Amosar todas as publicacións

17 de febreiro de 2020

Nomes de muller para as rúas de Cambre

Na materia de Investigación e tratamento da información o alumnado do IES Afonso X O Sabio estivo investigando sobre a presenza da muller nos espazos públicos do Concello de Cambre e, descubriron que só hai catro rúas e un polideportivo con nome de muller. Por iso, queremos facerlle algunhas propostas ao Concello de Cambre para que amplíe os espazos públicos con nomes de muller, axudádesnos?



So tendes que meter as vosas propostas na urna que atoparedes no hall do IES Afonso X O Sabio ou, se o preferides, cubrir a enquisa que atoparedes aquí.

1 de decembro de 2019

Resumo da primeira mobilidade do proxecto STAGE

A semana pasada recibimos no noso IES aos nosos socios do proxecto STAGE. Visitáronnos dous representantes de cada un dos países participantes (Turquía, Romanía e Polonia).

Ao longo de toda a semana, leváronse a cabo as seguintes actividades das que fixemos unha completa reportaxe gráfica:

Reunión co departamento de igualdade do concello de Cambre



Charla sobre transmisión estereotipos, o papel dos docentes e da familia (impartida por Ana Torres Jack)


Reunións de organización: planificación de actividades, mobilidades, coordinación TIC, calidade, etc.




Curso sobre plans de igualdade (impartido por Manuel Guerra)


Curso sobre igualdade (impartido por Carmen Moure)




Agora tocanos pornos mans a obra para preparar a primeira mobilidade de alumnado que será a Turquía en febreiro!



12 de novembro de 2019

Primeira mobilidade do proxecto STAGE

A próxima semana, dende o luns 18 de novembro e ata o venres 22 de novembro, recibiremos no noso IES aos nosos socios do proxecto STAGE.  Visitarannos dous representantes de cada un dos países participantes (Turquía, Romanía e Polonia).
Ao longo de toda a semana, levaranse a cabo as primeiras reunións de coordinación entre os socios do proxecto e actividades formativas relacionadas coa igualdade:
  • Charla sobre transmisión estereotipos, o papel dos docentes e da familia (impartida por Ana Torres Jack).
  •  Curso sobre plans de igualdade (impartido por Manuel Guerra).
  • Curso sobre igualdade (impartido por Carmen Moure).
Pómonos mans a obra para organizar a recepción dos nosos socios!


16 de maio de 2019

Resultados de la encuesta de diagnóstico sobre igualdad

A continuación os mostramos los resultados de una encuesta de diagnóstico sobre igualdad elaborada en nuestro instituto a partir de la cual surgió la motivación para elaborar este proyecto Erasmus+ KA2.



Como se puede observar en el vídeo las respuestas están correlacionadas con el género de los encuestados (en la elección de materias, forma de ocupar espacios de ocio, elegir actividades extraescolares o carreras profesionales).

Resultados en PDF