24 de febreiro de 2020

Agasallamos a gañadora do concurso de logotipo

Aproveitando a viaxe a Estambul entregámoslle un agasallo (unha camiseta co logo do proxecto) á alumna turca Özlem Kılıçaslan que gañou a segunda fase do concurso de logo para o proxecto STAGE.



21 de febreiro de 2020

Último día de mobilidade en Turquía

Esta maña o alumnado asistiu a un taller de igualdade ⚖️ no que elaboraron un collage con xornais 📰🗞️ e revistas.

Mentres o profesorado 👨‍🏫👩‍🏫 estivo reunido coordinando as actividades e futuras mobilidades do proxecto.

E como ocorre sempre, todo o bo acaba pronto, chegou a hora ⌛de despedirse 😥 pero non sen antes degustar unha rica comida 🍣🍤🥙 (elaborada polo alumnado de cociña do centro turco 🇹🇷) e disfrutar dunha gran festa🎉🎊 na que ata houbo bágoas😭! Ata a próxima aventura compañeir@s!


20 de febreiro de 2020

Cuarto día en Estambul

Cuarto día en Estambul. Despois de dous días intensos coñecendo Estambul e observando a visibilidade da muller na vida social turca, voltamos á universidade. Esta vez fomos a universidade privada Okan, onde asistimos a un taller sobre igualdade impartido pola decana, Zeynep Almendar, tamen profesora de ciencias políticas e responsable do observatorio de igualdade na "Okan Üniversitesi" de Estambul.

 
 

 
 

 


 


Antes do xantar, fixemos un pequeno tour polas instalacións. Logo comemos na cafetería da universidade onde compartimos mesa co alumnado universitario.



 

 

 
 

 

 

 


A continuación, tres alumnos da decana, Zeynep Almendar explicáronnos o seu traballo na Comisión para a prevención do acoso sexual desta institución.





 

 

 


 

 

19 de febreiro de 2020

Terceiro día de mobilidade en Turquía

Hoxe as nosas compañeiras tiveron un día repleto de actividades culturais, comezaron o día visitando a praza Taksim (situada en Beyoğlu, na parte europea de Estambul) para ver O Monumento á República.


Seguiron camiñando pola avenida de Istiklal, unha das calles máis comercial de Estambul.

Visitaron a igrexa de San Antonio de Padua (a igrexa católica más grande de Estambul),  e a estatua do Papa Juan XXIII.


Tamén montaron en tranvía e visitaron a torre Gálata.


Fixeron un cruceiro polo Bósforo


E acabaron o día visitando a Torre da Doncella


Tendes máis fotos aquí