A próxima semana,
dende o luns 18 de novembro e ata o venres 22 de novembro, recibiremos no noso
IES aos nosos socios do proxecto STAGE. Visitarannos
dous representantes de cada un dos países participantes (Turquía, Romanía e
Polonia).
Ao longo de toda
a semana, levaranse a cabo as primeiras reunións de coordinación entre os
socios do proxecto e actividades formativas relacionadas coa igualdade:
- Charla
sobre transmisión estereotipos, o papel dos docentes e da familia (impartida
por Ana Torres Jack).
- Curso
sobre plans de igualdade (impartido por Manuel Guerra).
- Curso
sobre igualdade (impartido por Carmen Moure).
Pómonos mans a
obra para organizar a recepción dos nosos socios!