7 de decembro de 2021

Segunda mobilidade do alumnado

Os días 24, 25 e 26 de novembro levamos a cabo unha mobilidade virtual na que participarán profesorado e alumnado dos catro países participantes no proxecto STAGE. Nesta mobilidade desenvolvemos actividades relacionadas co respecto e foron dirixidas polo centro escolar de Romanía a onde non puidemos viaxar por mor da situación actual da pandemia producida pola COVID-19.

O día 24, o alumnado de cada país participante (Polonia, Turquía, Romanía e España) fixo unha presentación do seu país, cidade e escola. A continuación presentáronse todos os participantes mostrando uns vídeos gravados nas escolas. Logo falamos sobre o respecto e a falta de respecto e terminamos a maña facendo un Kahoot para avaliar o aprendido. 




O día 25, fixemos xogos para romper o xeo entre o alumnado, vimos varios vídeos nos que se podían identificar actitudes de respecto e de falta de respecto e debatemos sobre eles. Para rematar a maña, buscamos cancións para analizar dende o punto de vista do respecto.




O día 26, presentamos as cancións escollidas o día anterior e debatemos sobre elas. A continuación o alumnado de cada país presentou un escenario de role playing mostrando situacións de respecto de falta de respecto. A nos tocounos mostrar situacións de respecto na familia. Ao rematar fixemos unha nube de palabras con termos relacionados co respecto e por último cada país despediuse cun discurso.