6 de xuño de 2019

I Xornadas de Difusión de Proxectos Europeos

O pasado martes, 28 de maio de 2019, tivo lugar no IES Afonso X O Sabio as I Xornadas de Difusión de Proxectos Europeos, cuxo obxectivo era dar a coñecer á comunidade educativa todos os proxectos nos que o centro participa ou participou ao longo da súa historia.

Entre as actividades houbo unha charla que contou coa colaboración da asesora de Programas Europeos da Dirección Xeral de Educacion, Formación Profesional e Innovacion Educativa, María Luz Ares; a coordinadora de proxectos europeos do instituto, Olga Varela; e alumnos e alumnas que participaron nas viaxes.




Ao mesmo tempo houbo unha exposición con paneis informativos sobre os distintos proxectos pasados e futuros do centro e informacións sobre os ERASMUS+. 



Tamén se proxectaron na pantalla do hall vídeos sobre as movilidades levadas a cabo en ditos proxectos. A continuación mostramos algúns deles:


Erasmus+ KA2 2015-2018 Horizon to the future


Erasmus+ KA2 2015-2017 Crush



Tendes máis vídeos na nosa canle de Youtube.