2 de maio de 2021

Coloquio coas xogadoras do CRAT

O pasado martes, día 27 de abril, o alumnado de 2º da ESO participou nun coloquio con Paula Medín, Mónica Castelo e Claudia Barrio, xogadoras do CRAT A Coruña, equipo de primeira división da Liga Española de Rugby, no que se abordaron temas relacionados coa muller e o seu desenvolvemento profesional, nesta ocasión ligados ao deporte.


O obxectivo desta iniciativa foi promover unha maior reflexión ante a práctica deportiva, a inclusión e a valoración de distintos deportes como opcións para unha vida sa.Así mesmo, falouse das oportunidades do deporte profesional feminino.
Esta actividade enmarcase dentro do proxecto Erasmus+ STAGE.