19 de decembro de 2019

Concurso de logo para o proxecto

Una das actividades do proxecto STAGE e a creación dun logo para representar ao proxecto. Animaste a participar?

Ten en conta as seguintes bases:

OBXECTIVO: crear un logo para o proxecto STAGE: Steps to achieve gender equality

REQUISITOS: son os seguintes:
  • O tema central do traballo é a igualdade de xénero na educación, por iso ese tema ten que aparecer recollido no logo
  • Os países participantes son: Polonia, Rumanía, Turquía e o noso centro, ten que haber referencias a eles no logo
  • Debe aparecer obrigatoriamente a palabra STAGE
  • Valoraranse únicamente as propostas inéditas e orixinais

PARTICIPANTES: pode participar todo o alumnado do centro. Cada estudante presentará unha soa creación

PRAZO DE PRESENTACIÓN: antes do 13 de xaneiro de 2020

MODO DE PRESENTACIÓN: pode ser de calquera destas dúas formas:
  • Imaxen en formato PNG (resolución de ao menos 200 x 200 pixeles) a través do correo electrónico: erasmus@iesafonsoxcambre.com
  • En papel (A5, medio folio). Esta opción debe entregarse a Rosa M Maceiras na secretaría do centro. O logo entregarase xunto cun sobre no que se incluirán os datos do autor/a da proposta.
RESOLUCIÓN: a decisión dos logos elexidos será responsabilidade dun xurado formado por membros do equipo de Proxectos Europeos. A resolución non admite reclamación.

PREMIOS: o/a ganador/a do concurso recibirá un premio como recompensa a súa participación, esforzó e orixinalidade. Este logo será empleado para representar o proxecto e, polo tanto, debe ceder todos os seus dereitos sobre a obra creada. Os premios serán os seguintes:
  • 1º premio: BONO CINE
  • 2º premio: BONO CINE 

1 de decembro de 2019

Resumo da primeira mobilidade do proxecto STAGE

A semana pasada recibimos no noso IES aos nosos socios do proxecto STAGE. Visitáronnos dous representantes de cada un dos países participantes (Turquía, Romanía e Polonia).

Ao longo de toda a semana, leváronse a cabo as seguintes actividades das que fixemos unha completa reportaxe gráfica:

Reunión co departamento de igualdade do concello de Cambre



Charla sobre transmisión estereotipos, o papel dos docentes e da familia (impartida por Ana Torres Jack)


Reunións de organización: planificación de actividades, mobilidades, coordinación TIC, calidade, etc.




Curso sobre plans de igualdade (impartido por Manuel Guerra)


Curso sobre igualdade (impartido por Carmen Moure)




Agora tocanos pornos mans a obra para preparar a primeira mobilidade de alumnado que será a Turquía en febreiro!