17 de febreiro de 2020

Nomes de muller para as rúas de Cambre

Na materia de Investigación e tratamento da información o alumnado do IES Afonso X O Sabio estivo investigando sobre a presenza da muller nos espazos públicos do Concello de Cambre e, descubriron que só hai catro rúas e un polideportivo con nome de muller. Por iso, queremos facerlle algunhas propostas ao Concello de Cambre para que amplíe os espazos públicos con nomes de muller, axudádesnos?



So tendes que meter as vosas propostas na urna que atoparedes no hall do IES Afonso X O Sabio ou, se o preferides, cubrir a enquisa que atoparedes aquí.