A semana pasada recibimos no noso IES aos nosos socios do proxecto STAGE. Visitáronnos dous representantes de cada un dos países participantes (Turquía, Romanía e Polonia).
Ao longo de toda a semana, leváronse a cabo as seguintes actividades das que fixemos unha completa reportaxe gráfica:
Reunión co departamento de igualdade do concello de Cambre
Charla sobre transmisión estereotipos, o papel dos docentes e da familia (impartida por Ana Torres Jack)
Reunións de organización: planificación de actividades, mobilidades, coordinación TIC, calidade, etc.
Curso sobre plans de igualdade (impartido por Manuel Guerra)
Curso sobre igualdade (impartido por Carmen Moure)
Agora tocanos pornos
mans a obra para preparar a primeira mobilidade de alumnado que será a Turquía
en febreiro!