Una das actividades do proxecto STAGE e a creación dun logo para representar ao proxecto. Animaste a participar?
Ten en conta as seguintes bases:
OBXECTIVO: crear un logo para o proxecto STAGE: Steps to achieve gender equality
REQUISITOS: son os seguintes:
- O tema central do traballo é a igualdade de xénero na educación, por iso ese tema ten que aparecer recollido no logo
- Os países participantes son: Polonia, Rumanía, Turquía e o noso centro, ten que haber referencias a eles no logo
- Debe aparecer obrigatoriamente a palabra STAGE
- Valoraranse únicamente as propostas inéditas e orixinais
PARTICIPANTES: pode participar todo o alumnado do centro. Cada estudante presentará unha soa creación
PRAZO DE PRESENTACIÓN: antes do 13 de xaneiro de 2020
MODO DE PRESENTACIÓN: pode ser de calquera destas dúas formas:
- Imaxen en formato PNG (resolución de ao menos 200 x 200 pixeles) a través do correo electrónico: erasmus@iesafonsoxcambre.com
- En papel (A5, medio folio). Esta opción debe entregarse a Rosa M Maceiras na secretaría do centro. O logo entregarase xunto cun sobre no que se incluirán os datos do autor/a da proposta.
RESOLUCIÓN: a decisión dos logos elexidos será responsabilidade dun xurado formado por membros do equipo de Proxectos Europeos. A resolución non admite reclamación.
PREMIOS: o/a ganador/a do concurso recibirá un premio como recompensa a súa participación, esforzó e orixinalidade. Este logo será empleado para representar o proxecto e, polo tanto, debe ceder todos os seus dereitos sobre a obra creada. Os premios serán os seguintes:
- 1º premio: BONO CINE
- 2º premio: BONO CINE