Cuarto día en Estambul. Despois de dous días intensos coñecendo Estambul e observando a visibilidade da muller na vida social turca, voltamos á universidade. Esta vez fomos a universidade privada Okan, onde asistimos a un taller sobre igualdade impartido pola decana, Zeynep Almendar, tamen profesora de ciencias políticas e responsable do observatorio de igualdade na "Okan Üniversitesi" de Estambul.