10 de abril de 2022

Último día de mobilidade en Cracovia

Remata a mobilidade en Polonia 🇵🇱. Onte pola mañá realizamos as últimas actividades e despedímonos dos socios 🇵🇱 🇹🇷🇷🇴 do proxecto. Pola tarde coñecemos o barrio xudeu de Cracovia 🇵🇱 e paseamos ao caron do río 🏞️ Vistula. 
Hoxe esperanos unha longa víaxe ✈️ de volta...

9 de abril de 2022

Quinto día de mobilidade en Cracovia

Hoxe pola mañá coñecemos as minas 🗿 de sal de Wieliczka, un dos primeiros lugares recoñecidos pola UNESCO como Patrimonio da Humanidade, e pola tarde participamos en actividades sobre multiculturalidade.

7 de abril de 2022

Cuarto día de mobilidade en Cracovia

Hoxe visitamos o complexo de campos de exterminio de Auschwitz e Birkenau, non hai moito mais que dicir.