10 de xuño de 2022

Ultimo día de mobilidade do proxecto STAGE

Hoxe despedimos os nosos socios do proxecto 🇪🇺 STAGE.

Nas primeiras sesións asistiron a un concerto no salón de actos e no hall do #iesafonsoxosabio no que participou o alumnado de música 🎶 e do coro 🎤 do centro.

A continuación, desfrutaron dunha pequena obra de teatro en inglés representada polo alumnado de artes escénicas do centro.

Pola tarde, despois de xantar 🍛 no instituto, rematamos a sesión cunha festa 🎊🎉 de folklore galego en colaboración coa asociación Garrulaxe de Cecebre.