8 de xuño de 2022

Terceiro día da última mobilidade do proxecto STAGE

Hoxe o equipo do proxecto STAGE foi recibido no #concellodecambre polo alcalde de Cambre Óscar G. Patiño e o concelleiro de Turismo e Patrimonio Ramón Boga. A continuación, visitaron o museo arqueolóxico e a Igrexa de Cambre.

Xa de volta no #iesafonsoxcambre, participaron nun taller sobre estereotipos.

Pola tarde, despois de xantar na cafetería do instituto, visitaron o Seixo Branco.