6 de xuño de 2022

Primeiro día da última mobilidade do proxecto

Hoxe a primeira hora 🕘 recibimos ao alumnado e profesorado 🇹🇷 turco, 🇵🇱 polaco e 🇷🇴 romanés no salón de actos e, a continuación, mostrámoslles as instalacións do noso centro 🏫. 

Despois dun breve receso, rematamos a mañá con actividades para romper o xeo no ximnasio 🤸‍♀️🤸🤸‍♂️. 

📣 Pola tarde, despois de xantar 🍝 na cafetería do instituto, alumnado e profesorado participou nun taller sobre visibilidade.