5 de abril de 2022

Segundo día de mobilidade en Cracovia

Hoxe foi un día moi completo. Comezamos coñecendo aos membros do equipo turco, logo dun curto paseo baixo a choiva. Aprendemos como se fai o pan típico de Cracovia o obwarzanek. Trala comida realizamos unha visita a Cracovia cun guía polaco que falaba un castelán perfecto e nos ensinou os lugares máis emblemáticos da cidade, tamén nos contou os feitos máis importantes que ocorreron aquí dende a Idade Media. Así soubemos que estamos en Galicia, pero na Galicia polaca. Rematamos o día celebrando o aniversario dunha das participantes na viaxe.