Este mes de marzo o instituto está a adicalo ao traballo sobre coeducación e igualdade. Nesta liña, partindo do proxecto Erasmus+ STAGE (Steps to Achieve Gender Equality) realizamos un encontro con exalumnado do centro ao que asistiron os estudantes de bacharelato e ciclos para debater sobre a escolla da profesión, carreiras e a súa relación coa desigualdade de xénero.
Ao evento invitamos a Ariana Castro, graduada en ciencias políticas, Iván Pérez Piñeiro, graduado en socioloxía e máster en comunicación política, Lucía Cernadas, graduada en lingua inglesa e en linguas galega e portuguesa e Alejandra Tellado, estudante de enxeñería informática.
Entre todas as persoas asistentes intentamos concienciarnos sobre a desigualdade, que comeza desde a máis tenra infancia, e lévanos a uns índices de escolla de carreiras completamente desigual, no que o alumnado que cursa enxeñería é maiormente masculino e o que estuda carreiras do ámbito das ciencias da saúde ou carreiras ligadas á educación feminino.